ENTREVISTAS REALIZADAS POR DIFERENTES MEDIOS SOCIOCULTURAIS E PERIODÍSTICOS A VECIÑOS DE CABO DE CRUZ

O COMETIDO DESTE BLOG É O DE RECOPILAR ENTREVISTAS A XENTE CERCANA A CABO DE CRUZ. A MAIORÍA SON FEITAS POLA VOZ DE BARBANZA, E UNHAS CUANTAS DO DIARIO DIXITAL "CERTO.ES", ASÍ QUE SIMPLEMENTE SON LIGAZÓNS A ALGÚNHAS DESAS REPORTAXES. OUTRAS DAS QUE CARECEN DE LINK EN INTERNET, SERÁN POSTAS DIRECTAMENTE COMO NOVAS ENTRADAS.

SI ATOPAS ALGUNHA OUTRA QUE NON ESTÉ NESTE LISTADO, NON DUBIDES EN NOTIFICALO, DANOS UN TOQUE PARA ENGADILA.

sábado, setembro 14, 2013

GUSTAVO VÁZQUEZ - ENTRENADOR CLUB DE REMO

"NO SOMOS FAVORITOS, PERO BERMEO VA A MARCAR MUCHO, Y A UNA REGATA TODO PUEDE PASAR"

Gustavo Vazquez habla pausado para www.ligasanmiguel.com (Vilariño, Boiro, 28 años). De sabios es reconocer la realidad, y opina que Meira y Zierbena “han demostrado que están un peldaño por encima, pero Bermeo va a marcar la pauta, y a una regata todo es posible”. Destaca que la mitad de la plantilla es menor de 22 años, y que 18 de 19 remeros son de la cantera, con lo que la presión de tener que ascender es menor.

Que tal han ido estas dos semanas tras la última regata, en La Concha? Se han hecho largas o no?
No tanto, porque entre que volvimos desde Donosti, ese fin de semana entrenamos y hemos descansado este último, ha llegado bastante rápido.

Con que aspiraciones participa Cabo da Cruz en el play-off de ascenso?
Con la intención de conseguir una de las dos plazas, claro, aunque siendo conscientes del nivel que hay, y que para nada somos favoritos. Meira nos ha ganado siete regatas en la Liga Galega de Traiñas, fue campeona, y en la clasificatoria de La Concha Zierbena nos sacó una buena distancia a las demás embarcaciones que vamos a participar en el play-off.

Es válida la referencia de la clasificatoria?
Claro. Las dos gallegas por lo menos fuimos a tope. No hicimos 800 kilómetros en furgoneta para nada. Quizás la única duda es la de Zierbena, no se que tripulación eligió Patxi Francés, por el tema de cupos. La normativa ACT limita la participación de los que no son cupo, y eso puede cambiar algo la cosa.

Como ves a las otras dos rivales, Zumaia y Lekittarra?
Que no son menos que las demás. Zumaia tiene el cuerpo curtido en mil batallas, y tienen asimilado hace tiempo que iban a disputar el play-off. La lekittarra es muy fuerte en mar, y la primera regata, en Bermeo, les favorece, porque conocen el campo de regateo como si fuera el patio de su casa.

Es capaz Cabo de dar la sorpresa?
Si, así lo creemos. Tenemos una plantilla muy joven, más de la mitad menor de 22 años, y 18 de 19 chavales de la cantera. Hemos tirado de juveniles a menudo, pero en el play-off podremos hacerlo a medias, porque no permiten que un juvenil pueda remar en dos regatas en un mismo fin de semana. Vemos que hemos sido capaces de ganar a Meira en tres regatas, y que en La Concha fuimos las mejores de las cuatro aspirantes, tras Zierbena. Eso nos da moral, vamos dispuestos a pelear, y luchar, sobre todo en Bermeo.

Es más importante que la regata de Portugalete, verdad?
Sin duda. Es la primera, y puede dar o quitar mucho. Nuestra intención es terminar Bermeo entre las tres primeras para tener alguna opción en la ría el domingo. A una regata podemos dar guerra a cualquiera.

Que hay de esa leyenda de que las traineras gallegas andáis poco en mar porque sois más de ría?
Tiene bastante de verdad, porque la geografía de Galicia es así, tiene mucha ría, pero nosotros también buscamos mar abierto para entrenar y para competir, porque si no cuando salimos a mar abierto no tenemos nada que hacer. Así como Lekeitio en invierno entrena en ría, más tranquilo, nosotros buscamos mar. No creo que hoy día sea un hándicap a tener en cuenta, aunque hay que reconocer que botes como Lekeitio andan más que nosotros en mar abierto.

Parece que viene mar movido, olas de 1,2 metros. Preocupado?
No. Es lo mismo, o prácticamente lo mismo para todos, habrá que remar en lo que haya.

Participasteis en el play-off del 2011. Fue un aprendizaje válido para afrontar esta segunda oportunidad?
Nos ha valido para interiorizar que no queremos ir para aprender, para coger experiencia, porque ya la cogimos entonces. Ya remamos una vez para aprender, ahora toca remar para ser primero o segundo.

Para los que no conocemos a fondo el remo gallego, como está el tema? Es bueno que dos traineras de Galicia participen en el play-off de ascenso a la ACT, no?
Muy importante. Yo creo que el nivel del remo gallego mejoró bastante en los últimos 3-4 años, con la llegada de entrenadores de prestigio como José Manuel Francisco. La Liga Galega de Traiñas tiene buena salud, dos divisiones, y hay buenas embarcaciones. En el Campeonato de España Mugardos venció a Pedreña, es un dato a tener en cuenta.

Imagina por un momento que Cabo da Cruz logra un billete. Hay apoyo económico para competir en la ACT?
Eso es tema de la directiva ya. El tema está bastante difícil, pero nuestro patrocinador, Rianxeira, es fiel y supongo que nos apoyará. Habrá que moverse, eso está claro, y buscar apoyos, pero creo que para cubrir gastos ya conseguiremos.

Quizás no hagáis tantos viajes en furgoneta como cuando estuvisteis en la ACT, gracias al fondo de solidaridad de la asociación…
Bueno, ese fondo llegó justo cuando perdimos la categoría… La de horas que metíamos en la furgoneta. Toda ayuda será buena para reducir el tiempo de desplazamiento, la comodidad, porque pasar ocho horas en la furgoneta después de un mal resultado no es una situación muy buena. Si haces buena regata aún, pero si haces mala… la vuelta es durísima.

Se merece Galicia otro representante en la Liga San Miguel?
Claro, como no. No estamos lejos de las mejores de la Liga ARC-1, ni de las últimas de la Liga San Miguel. Las regatas en Galicia cada vez atraen a más gente, y ya se pudo ver en Sanxenxo y Moaña que a las regatas de la Liga San Miguel acudió mucha gente. En un tiempo fuimos tres, las embarcaciones gallegas en la ACT, a ver si vamos consiguiéndolo poco a poco.

domingo, agosto 18, 2013

SERGIO GARCÍA E JAVIER LAGO, REMEIROS DE CABO


OS PILARES DA XESTA DE CABO
Os remeiros Sergio García e Javier Lago son os únicos que estiveron nos seis triunfos seguidos crucenses na regata de traiñeiras da Deputación

JAVIER ROMERO / LA VOZ  18 de agosto de 2013

Unha pregunta recorrente a calquera triunfador adoita ser a orixe do seu éxito. No Club de Remo de Cabo dá Cruz , cando lles ten pensado esta incógnita, teñen unha resposta rotunda. «Adestrar, adestrar e adestrar....» Se se botan as contas, ao cabo do ano, nesta entidade téñeno claro. «Entrenamos tres horas diarias, seis días á semana, once meses ao ano». Ou o que é o mesmo: 792 horas de preparación entre xaneiro e decembro, ademais das competicións. Sergio García e Javier Lago sábeno ben. Eles son os dous únicos remeiros crucenses que participaron na xesta lograda polo club esta semana, cando se proclamou por sexta vez consecutiva campión da Bandeira de Traiñeiras Deputación da Coruña. E é que ambos suman doce bandeiras nestas seis probas. «A verdade é que nós non temos ningunha na casa... (risas). As bandeiras gárdanse no club e a nós dannos a man e pouco máis....», explica Javier Lago, que con 26 anos pode presumir dun palmarés como poucos na escena galega do remo.
«Amizade e traballo»
O mesmo remeiro crucense non acaba de atopar o motivo que os fai diferentes do resto de equipos da provincia. «Todos somos da casa e comezamos dende nenos... Ao mellor é esa a razón, amizade e traballo», engade coa aprobación do seu compañeiro Sergio García, que tamén pode presumir de subirse ao podio nas últimas seis edicións da regata de traiñeiras da Deputación.
Recordar como especial algunha das seis probas gañadas resúltalle imposible a ambos, que sempre pensan máis na última, «por ser a máis recente». O futuro destes campións parece que seguirá ligado ao remo. E, como non, vestindo as cores de Cabo. «Mentres o traballo e a vida o permitan seguiremos remando... ¿Por que cambiar?», engaden. E é que despois de escoitalos, un entende que, posiblemente, o segredo do cobizado éxito do seu equipo sexa ter contado sempre con adultos que se criaron vestindo unicamente o seu escudo.

domingo, xuño 09, 2013

RAMÓN HERMO «As empresas non se poden levar a distancia, hai que estar nelas, cos empregados»

LA VOZ DE GALICIA
09 de xuño de 2013 

Ramón Hermo está convencido de que morrerá novo: «Hoxe traballo máis que nunca. Nin sequera cando montei Foelca traballaba tanto. Fago quilómetros como un mono. Non paro. Durmo mal ao mínimo problema, porque a miña cabeza, como o buscador dun computador, non para ata achar solucións. Morrerei novo, pero esta é a miña vida». Para entender as palabras deste emprendedor basta sinalar que ten factorías en Galicia, Castela León e Andalucía, e desenvolve iniciativas empresariais en Sudamérica ou Kazajistán.

-¿Non se sente cansado con 35 anos de labor empresarial?
-Só me atopo fisicamente cansado cando me dan os ataques de pinga ou tomo a medicación da diabetes. Mentalmente, estou coma se tivese 18 anos, teño a mesma ilusión. A min estas cousas rexuvenécenme. As empresas non se poden levar a distancia, hai que estar nelas, cos empregados. É a mellor forma de detectar os problemas a tempo para actuar de forma adecuada.
-¿Que foi do proxecto de reciclaxe de plásticos Plasticur?
-Estamos no proceso para facernos coa nave. Imos adquirir 70.000 metros cadrados e reservámonos unha opción de compra de 130.000. E é que practicamente xa temos carga de traballo porque reformulamos o proxecto inicial e aínda que mantemos a idea de reciclar plástico sucio para taboleiros cuxo uso poden ser encofrados, valos publicitarios, ou mobiliario, indagamos con éxito a fabricación e manipulación da fibra de carbono para a súa aplicación no sector da aeronáutica, mundo que ten hoxe moito traballo, e estamos a piques de asinar un acordo coa empresa mixta que fai o talgo de Kazajistán e sondamos opcións con Airbus.
-¿Máis iniciativas en mente?
-Como hai pouco lin na prensa que están a roubar tapas de sumidoiro de fundición, porque teñen saída no mercado negro de metais, deseñamos unhas de fibra con menos valor que xa espertaron interese nunha gran compañía. E agora estou inmerso en resolver os problemas de calcificación das caldeiras e quentadores en poboacións mediterráneas.


xoves, febreiro 07, 2013

TRINI FERNÁNDEZ - MAQUILLADORA DE ACTORES

«Gústame facer traballos nos que podo crear personaxes»

Desenvolve a súa profesión no eido do cine e do teatro

A boirense conseguiu un María Casares pola súa achega á obra «A ópera dos tres reás». simón balvís
Escrito por:   M. X. Blanco  L     07 de febrero de 2013    
 
Leva quince anos entre cremas, sombras e rimel, traballando como maquilladora de actores. A experiencia e o bo facer servíronlle á boirense Trini Fernández para ser merecedora dun premio María Casares, pola súa achega á función A ópera dos tres reás. Nestes intres, outro musical no que colabora, Galicia caníbal, está tamén nominado para ese mesmo galardón en varias categorías, unha delas, a de maquillaxe e perruquería.
-¿Como acaba unha boirense maquillando a actores en toda Galicia e mesmo en Madrid e Barcelona?
-Xa de pequena lle botaba unha man á miña irmá, Amparo Fernández, e fóiseme apegando a profesión. A maquillaxe, ao igual que as artes plásticas, sempre se me deron ben. Estando a estudar no Lamas de Abade, fixen un traballo que gustou e mandáronme para a Televisión de Galicia. Pouco a pouco funme introducindo no sector. Lémbrome agora de traballos coma Entre bateas ou O lapis do carpinteiro.
-De todo o que fixo, ¿con que se queda?
-O primeiro que me ven á cabeza é A ópera dos tres reás e Galicia caníbal, porque foron traballos que me encantaron porque desbordan creatividade por todas partes.
-Agora mesmo, ¿en que está mergullada?
-Estou cunha serie, Escoba, que se está gravando en Santiago e que vai xa pola cuarta tempada. Tamén teño unha película apalabrada de cara ao verán.
-Teatro, cine, televisión... ¿Con que se queda?
-Quédome cos traballos creativos. Dáme igual o xénero, sempre e cando non me limiten. Gústame facer traballos nos que podo crear personaxes.
-Nas rodaxes e no teatro terá que traballar a contrarreloxo...
-Si, sempre con pouco tempo e con presupostos moi axustados. Eu funciono ben traballando baixo presión, pero recoñezo que o escenario cambiou moito. Antes as películas rodábanse en dous meses a agora, en quince días. No teatro, imos de apoio ás grandes actuacións pero, para o resto, impartímoslles cursos prácticos aos actores e mesmo lles facemos fichas técnicas para que, ao longo da xira, se peiteen e se maquillen.
-¿Cal é o principal atranco á hora de maquillar?
-O resultado depende da materia prima e tamén do que teñas a obriga de conseguir. Ás veces, enfróntaste a un reto que parece difícil, pero a pel e as características da persoa fan que sexa doado e viceversa.
-Hai uns días impartiu un curso de automaquillaxe en Boiro, ¿cal era a finalidade?
-Era un curso básico de maquillaxe, para que a xente aprenda a sacarlle o mellor partido posible aos produtos que ten na casa.
-¿Cal é o erro máis común que comete a xente da rúa á hora de maquillarse?
-Na aplicación das bases. Fállase moito á hora de elixir o ton axeitado en función da cor da pel. Tamén é un erro común o non saber recoñecer o tipo de ovalo que temos.