ENTREVISTAS REALIZADAS POR DIFERENTES MEDIOS SOCIOCULTURAIS E PERIODÍSTICOS A VECIÑOS DE CABO DE CRUZ

O COMETIDO DESTE BLOG É O DE RECOPILAR ENTREVISTAS A XENTE CERCANA A CABO DE CRUZ. A MAIORÍA SON FEITAS POLA VOZ DE BARBANZA, E UNHAS CUANTAS DO DIARIO DIXITAL "CERTO.ES", ASÍ QUE SIMPLEMENTE SON LIGAZÓNS A ALGÚNHAS DESAS REPORTAXES. OUTRAS DAS QUE CARECEN DE LINK EN INTERNET, SERÁN POSTAS DIRECTAMENTE COMO NOVAS ENTRADAS.

SI ATOPAS ALGUNHA OUTRA QUE NON ESTÉ NESTE LISTADO, NON DUBIDES EN NOTIFICALO, DANOS UN TOQUE PARA ENGADILA.

mércores, xullo 23, 2014

GERARDO OLLERO - PAELLEIRO MAIOR DE LOUREDA

«A maior alegría é ver que a xente non deixa nin un gran de arroz»
LA VOZ - 29 de mayo de 2014

Gerardo Ollero, xunto cos seus pinches, Xocas e Parada, serán os encargados de cociñar a paella xigante de Multivoz por segundo ano. Do anterior, recorda Ollero, o mellor foi ver a fame coa rematan os participantes as rutas. 

-¿Como comezou a facer paellas xigantes? 
-A idea disto saíu no ano 1994, cando viñeron a Boiromostra os grandes cociñeiros. Daquela fíxose unha paella para 5.000 persoas. E dende entón fun collendo experiencia. 
-¿Que se sinte cando se cociña para tanta xente? 
-A maior alegría é ver que a xente non deixa nin un gran de arroz nos pratos. Ademais, aquí a xente, de mollar co pan, deixa todo moi limpo. Iso é o mellor de todo. 


«O segredo é poñerlle empeño e cariño»
LA VOZ - 13 de mayo de 2013 

O responsable de darlle de comer aos participantes en Multivoz ten ás súas costas unha ampla traxectoria na elaboración de paellas para centos de persoas. En Cabo de Cruz saben ben da boa man co arroz de Gerardo Ollero.
-¿Como empezou a preparar paellas para alimentar a un exército?
-A idea disto saíu no ano 94, cando viñeron a Boiromostra os grandes cociñeiros. Daquela fíxose unha paella para 5.000 persoas e a min tocoume estar alí ao pé do canón, e a partir de aí mercamos unha paelleira para cen racións e pouco a pouco a cousa foi medrando.
-¿Cal é o segredo dun bo arroz?
-Poñerlle cariño e empeño, dicir que ten que saír ben e estar pendente de que todo estea no seu punto, de que nada se pase.
-Haberá que ter tamén algo de man para as paellas...
-Nas primeiras que fixemos nas festas do mexillón de Cabo de Cruz estabamos todos preocupados por como sairía, probándoa cada cinco minutos... Pero despois xa foi unha alegría e foi aumentando porque sempre quedabamos sen nada.
-¿Cantas persoas fan falta para darlle de comer a tanta xente?
-¡Moitísimas! Iso si, os que non poden faltar son Francisco Parada e Xocas.

Ningún comentario: